mércores, 15 de xullo de 2026

ERASMUS+K122ADU DO AGUPAMENTO DE ESCOLAS DE POMBAL- PORTUGAL

 


O programa Erasmus+K122ADU do Agrupamento de Escolas de  Pombal ten como  obxectivos:

  • Coñecer a área de diagnóstico e orientación, e o funcionamento do proceso RVCC.
  • Observar metodoloxías para o recoñecemento de habilidades e capacitacións.
  • Observar e coñecer os recursos e as estratexias para combater o absentismo escolar e fomentar a motivación do alumnado.

O Centro Qualifica de Pombal é un centro especializado na educación e formación de adultos, maiores de 18 años, onde se buscan as mellores solucións para obter unha certificación escolar ou profesional, combinando o que o alumnado  aprendeu ao longo da súa vida, en diferentes contextos, coa formación que puída faltar para completar unha cualificación.

 A coordinadora Cristina María Oliveira e dous técnicos conforman un equipo que, xunto cos profesores, organiza y orienta a educación e formación de adultos neste centro.

Os docentes visitantes, procedentes do EPAPU de Pereiro de Aguiar, Ourense (Galicia), recibiron una cálida benvida e, tras reunirse co dito equipo, son  informados detalladamente sobre en que consiste un Centro Qualifica e que programas e tipos de ensinanza se desenvolven no mesmo. Tamén tiveron a oportunidade de coñecer os diferentes departamentos do centro, participar como oíntes en distintas actividades educativas, puideron observar as metodoloxías e os recursos motivadores empregados e compartiron observacións cos distintos docentes do centro. 






PORFOLIO REFLEXIVO DE VIDA - EXTRATESIA DE MOTIVACIÓN

 


O  porfolio reflexivo de vida é unha estratexia metodolóxica que se leva a cabo co alumnado RVCC, que ven a ser unha recompilación de evidencias, actividades e reflexións que mostran o proceso de aprendizaxe de ditos alumnos ao longo do curso escolar. 

Trátase dun documento vivo cas experiencias, as aprendizaxes e a evolución do alumnado adulto que volve a estudar.

Non se limita a recoller traballos, senón que invita a pensar, a interpretar e dar sentido ó aprendido, resultando unha combinación de:


  • Aprendizaxes dentro da aula, a través de situacións de aprendizaxe que propoñen retos reais e próximos a vida cotiá do alumnado.
  • Experiencias persoais e profesionais.
  • Visión do mundo e de si mesmos.

Este porfolio, ao remate do curso, será defendido polo alumno ou alumna ante un tribunal de certificación o cal valorará o seu contido e exposición para logo poder certificar(con apto ou non apto) as competencias do seu creador ou creadora.



O PORTUGUÉS COMO LINGUA DE ACOLLIDA

  







O portugués como lingua de acollida é un dos cursos mais solicitados e con menos absentismo na educación de adultos neste centro Qualifica. 

O portugués desempeña un papel fundamental como lingua de acollida, xa que facilita a integración das persoas emigrantes na sociedade portuguesa.

 A  través do seu aprendizaxe, promovese non só a comunicación básica para a vida cotiá, senón  tamén o acceso ao emprego (as persoas emigrantes precisan o certificado A2 da lingua portuguesa para poder solicitar un posto de traballo no país).

Neste centro qualifica ofértanse os niveis A1- A2- B1- B2 sendo o Nivel A2 o que conta con maisnúmero de alumnado matriculado.












AVALIACIÓN INICIAL - ACOLLEMENTO DO CANDIDATO

Nos centros Qualifica todo alumnado, maior de 18 anos, que pretenda adquirir ou reforzar os seus coñecementos, ou recoñecer as súas competencias seguirá os seguintes pasos:

  • Acollemento. Atención e inscripción. Nesta etapa dáselle a coñecer o funcionamento do centro Qualifica e, a través dunha enquisa (avaliación inicial) sobre os seus intereses e motivacións farase un diagnóstico.
  • Diagnóstico. previa avaliación inicial búscase unha resposta formativa axustada as súas necesidades e expectativas.
  • Información e orientación. Apoio na identificación do plan de educación e formación profesional.
  • Encamiñamento. Eleción dunha solución de qualificación tendo en conta as etapas anteriores (diagnóstico e información).
  • Recoñecemento e Validación de Competencias. identificación e validación das competencias desenvolvidas ao longo da vida.
  • Formación. Aquel alumnado encamiñado encamiñado para un proceso de recoñecemento, validación e certificación de competencias (RVCC) terá unha frecuencia horaria de 50 h.como mínimo.
  • Certificación de Competencias. Certificación total ou parcial das súas competencias, tendo en conta as competencias validadas e certificadas no processo de RVCC.

ERASMUS+K122ADU DO AGUPAMENTO DE ESCOLAS DE POMBAL- PORTUGAL

  O programa Erasmus+K122ADU do Agrupamento de Escolas de  Pombal ten como  obxectivos: Coñecer a área de diagnóstico e orientación, e ...