O programa Erasmus+K122ADU do Agrupamento de
Escolas de Pombal ten como obxectivos:
- Coñecer a área de diagnóstico e orientación, e
o funcionamento do proceso RVCC.
- Observar metodoloxías para o recoñecemento de
habilidades e capacitacións.
- Observar e coñecer os recursos e as estratexias
para combater o absentismo escolar e fomentar a motivación do alumnado.
O Centro Qualifica de Pombal é un centro especializado
na educación e formación de adultos, maiores de 18 años, onde se buscan as mellores
solucións para obter unha certificación escolar ou profesional, combinando o
que o alumnado aprendeu ao longo da súa vida,
en diferentes contextos, coa formación que puída faltar para completar unha
cualificación.
A coordinadora Cristina María Oliveira e dous técnicos conforman un equipo que, xunto cos profesores, organiza y orienta a educación e formación de adultos neste centro.
Os docentes visitantes, procedentes do EPAPU de Pereiro
de Aguiar, Ourense (Galicia), recibiron una cálida benvida e, tras reunirse co
dito equipo, son informados
detalladamente sobre en que consiste un Centro Qualifica e que programas e
tipos de ensinanza se desenvolven no mesmo. Tamén tiveron a oportunidade de
coñecer os diferentes departamentos do centro, participar como oíntes en distintas
actividades educativas, puideron observar as metodoloxías e os recursos motivadores
empregados e compartiron observacións cos distintos docentes do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario